20/10/08

Xornadas contra o TAV/AVE en Redondela e Vigo

O día 25 de outubro actividades en Redondela:

* Roteiro pola zona afectada polo TAV / AVE.
Quedamos ás 12:20 na Alameda de Redondela, desde Vigo ás 11:20 no Rectorado (para ir en bus de liña).

* Xantar popular, lugar por determinar

* Proxección do documental da coordinadora AHT Gelditu sobre o TAV, e videos tomados das zonas afectadas en Redondela. Ás 17:00.

Posteriormente farase unha mesa redonda con xente de AMAL, Verboxido, e afectadas de Redondela.

Ás 17:00, na Casa da Cultura sita Praza da Constitución.

O día 26 de outubro en Vigo:

* Palestra Miguel Amoros, "O TAV/AVE e o seu modelo de progreso". Ás 19:00 no C.S. "A Cova dos Ratos".


Organizan: AMAL, OAR, Asociación Caleidoskopio, Plataforma Cidadá contra a Autovía de Redondela e GAS.