17/09/08

Reconquista de Toralla 08 : II Abordaxe contra a especulación



"Piratas! Este ano volvemos á carga. O sábado 13 de setembro ás 18:00 horas precisamos unir forzas de novo para reivindicar unha Illa de Toralla aberta para todas e todos, e na que cesen por fin as aberracións arquitectónicas que destrúen por completo o seu patrimonio tanto natural coma cultural. De novo, a nosa protesta consistirá nunha marcha pirata a través da ponte e máis da auga (traede a vosa embarcación!), que rematará nunha concentración pacífica diante da barreira. A abordaxe comeza de novo."






Video da I Reconquista (2007): http://blip.tv/file/371456

Crónica e fotos da I Reconquista: http://galiza.indymedia.org/pt/2007/09/12260.shtml




Crónica do acto:





Por segundo ano consecutivo, unhas 500 persoas acudiron á convicatoria do colectivo vigués Xogo Descuberto para a reclamación do uso público da illa de Toralla.

Por terra e por mar as piratas “asaltaron” a illa para reivindicar que Toralla é de todxs. Desta vez, o significativo aumento de bucaneirxs nesta “abordaxe” contra a especulación viu acompañado dunha numerosa presenza de forzas represoras. As piratas que decidiron concentrarse diante da barreira que impide o acceso á illa tiveron que aturar as presións e hostilidades policiais.

Ao final do video poderedes ver tamén imaxes da concentración convocada pola rede A Ría non se Vende, para protestar pola celebración do campionato do mundo de barcos monocasco (Powerboat) en augas da ría de Vigo.

Podedes ver o vídeo aquí: http://gzvideos.info/ii-reconquista-de-toralla-08/

En Vieiros:http://www.vieiros.com/nova/68974/persecucion-e-carga-policial-na-reconquista-da-toralla

Texto Ceivar: http://galiza.indymedia.org/gz/2008/09/16957.shtml

Na Voz de Galicia:http://www.lavozdegalicia.es/vigo/2008/09/14/0003_7139720.htm