O GAS, Grupo de Axitación Social, é un dos colectivos que desenrolan parte da súa actividade e participa da xestión do CSA "A Cova dos ratos".
Acordos de funcionamento do Grupo de Axitación Social:
Constituese como grupo estable, entendendo que para construir o movemento antagonista é necesario unha actividade constante.
A pertenza ao grupo, uns enténdeno como un compromiso permanente, mentres que outros o poden entender doutra forma, agregándose para determinadas campañas, accións, etc, e pertencendo durante ese periodo con plena capacidade de propoñer, discutir ou aprobar.
Preténdese establecer un equilibrio entre a necesidade dunha estructura que perdure (que nos sirva para dotarnos dunha cohesión e manter unha coherencia entre medios e fins) e a necesidade dun instrumento de autoorganización orientado cara á acción, superando diferencias.
Buscamos construir a nosa identidade como grupo, a través do noso modelo organizativo e formas de loita.
O noso funcionamento baséase na horizontalidade e na asamblea, traballando sobre o común e o consenso.
Os acordos son revisables cada asamblea.
Obxectivos:
Desenvolvemento de formas de acción política para a transformación radical das actuais estructuras ou formas de existencia social, política, económica e cultural; fundadas na relacións de dominio e explotación.
Colaborar na loita dos que buscan transformar o mundo sen tomar o poder.
Con este fin, buscaremos formas de intervención, axitación, propaganda, e desobediencia, sempre orientadas á construcción dun movemento antagonista local e de resistencia global.
Consideramos de vital importancia:
A loita contra a militarización da sociedade, a atención das convocatorias de resistencia global contra o capitalismo, a reinvindicación de dereitos sociais para toda a xente, o reparto da riqueza e a denuncia do desenvolvemento irracional.
Se queres atoparnos estamos no CSA "A cova dos ratos", tódolos luns a partir das 20:30h. (aproximadamente), as asambleas son abertas
